Sempre fun coa mente sen barreiras ó carón da xente que tratei. Soñaba con
atopar almas que falaran no idioma da sinceridade, sen habelencias escuras nin
celos agochados. Sorprendíame cando, o cabo dunha tempada, xurdía de súpeto
unha faísca que encetaba a confianza sen límites na persoa coa que naquel intre
estaba.
Un sabor lixeiramente amargo percorría o meu corazón e a miña mente. Xa
estamos!... Pensaba de súpeto, sen mo propor. E viraba cara min mesma
preguntándome... Estarei esixindo demasiado? Ante a dúbida, dáballe outra oportunidade, e outra e outra
máis.
Mailo tempo esgazaba as miñas crenzas... O cansazo facíame percorrer o
baleiro das relacións humanas; nas que de sempre eu crin, nas que de sempre eu
espreitei.
De vagariño alumeaba a posibilidade de derribar a friaxe dunha nova
relación e propiciar o seu cume, esgazando as tebras do medo a fracasar que, de
cotío, me asolaban; polo xa vivido e polo amargo sabor que en min as
experiencias pasadas deixaran ...
Embebida por achar a súa luz perlada, seguía sen querer escoitar as
distintas voces que apostaban pola súa inexistencia, por non ser máis que fabulacións da xente crédula e
confiada.
Cheguei, confésoo, a percorrer con
cansazo o beiral dos meus soños, a traxectoria
por min trazada. Mantívenme co
sorriso nos beizos neste mundo carente de cálidas olladas, onde os intereses
máis espurios predominaban.
Mais... a sorpresa reflectiuse no meu rostro cando no libro –Si habitas en el tiempo- descubrín, sen
ir na súa procura, as vivencias baseadas e sentidas más aló das palabras transmitidas. Era,
sóubeno pola autora, unha realidade novelada. Era, percibino eu, o que buscaba:
a constatación da existencia da AMIZADE.
Anxos.
(29-novembro-2013)
2 comentarios:
Bello comentario para una excelente escritora y amiga. Enhorabuena, Marisu.
Gracias.Muchas gracias amiga riojana.
Este libro me está deparando muchas emociones y opiniones gratificantes.
Publicar un comentario